
Este ano temos SENDEIRISMO, VISITA DIVULGATIVA, OBRADOIRO DE CABAZAS DE SAMAÍN e MERENDA-MAGOSTO amenizada polo Grupo ABERTAL.
Non faltedes !
Entidade dinamizadora de Anguieiros e contorna
Facendo balance das actividades da ‘Madalena 2022’ aquí vos deixamos unhas fotos da ‘Andaina Terras do Ouro’ na que tivemos como guía titulado a un gran coñecedor destas terras e do abondoso patrimonio aurífero que temos na contorna. Foi Iván Alvarez Merayo de Coureleando.
Unha andaina circular que comezaba e remataba en Anguieiros pasando por preto de Vilanuide e percorrendo parte do antigo cauce por onde descorría o Sil antes de existir a Boca do Monte (Túnel de Montefurado). Neste punto, o grupo puido observar de preto a entrada da Boca do Monte e dende un lugar privilexiado, no que pouca xente pode dicir que o viu, na entrada que hai onde a N-120 pero polo lado do antigo cauce.
A xente quedou moi contenta tanto co percorrido, como coa compañía e o guía, dicindo algúns que repetían que «foi a mellor andaina das que temos feito». Alédanos este grado de satisfacción e a ver se co tempo podemos conseguir que o Concello de Quiroga traballe para homologala.
Percorrido no wikiloc: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/circular-de-montefurado-asociacion-cultural-boca-do-monte-61523041