I CONCURSO DE MADALENAS

ImagenBASES CONCURSO DE MADALENAS

*Cada concursante deberá presentar 12 madalenas, todas realizadas cos mesmos ingredientes. Total liberdade para a súa presentación e elaboración.

*As madalenas traeranse feitas da casa. Teñen que ser caseiras, só faltaría…

*O xurado serán os propios concursantes.

*As madalenas entregaranse na casa de Concha (entrando en Anguieiros á esquerda nunha casa moi xeitosa e rehabilitada) antes das 18 h. do día 20 nunha bolsa ou fiambreira acompañadas dun sobre pechado onde se indiquen os datos do concursante.

*As 19 h. Concha levará todas as madalenas ó Portaleiro e alí farase a cata e puntuación. Previamente, a cada sobre asignaráselle un número.

Forma de puntuar:

  • Cada participante probará todas as madalenas presentadas a concurso e poderá votar polas tres que máis lle gusten, cunha puntuación de un a tres puntos.
  • Cando todos os participantes teñan feita a cata e votado a cada número, procederase á suma final e a apertura dos sobres cos datos dos participantes.

Premios:

Haberá premios para os tres mellores. En caso de empate xa se verá o que se fai…

Os premios son utensilios de madeira de oliveira para cociñar. Consisten en:

1º premio: unha fonte  ou bandexa

2º premio: unha cunca

3º premio:  un cullerón

Ao final do Concurso tomaremos algo no bar da “Comisión” e faremos unha merenda coas madalenas sobrantes.

Non está confirmado pero é posible que teñamos un concertiño de pop-rock para amenizar a merenda.

SORTE PARA TODOS @S PARTICIPANTES E ÁNIMO !! 

Anuncios

2 respuestas a “I CONCURSO DE MADALENAS

  1. Exitazo. Curioso que os tres premios caesen na Casa da Madalena do Portaleiro… Houbo nove participantes, con moi alto nivel de calidade e ao final coméronse todas as madalenas (108) con chocolate.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s