Camiñada Alvaredos-Roblido

Este sábado 30 de marzo organizamos unha breve camiñada para aproveitar que hai máis xente pola contorna. A previsión climatolóxina non é a máis desexable pero intentaremos facela a non ser que chova moito nas horas programadas.

HORA DE SAÍDA: 10:00 h.

LUGAR DE SAÍDA E DE CHEGADA: Alvaredos

DESTINO INTERMEDIO: Roblido

RECOMENDACIÓNS DA ORGANIZACIÓN: levar roupa de abrigo, auga suficiente, algún tentempé e bo calzado.

HORA ESTIMADA DE CHEGADA:  13:00 h.

DISTANCIA: 7 quilómetros

DIFICULTADE: Baixa

BREVE DESCRICIÓN: Andaina que une as aldeas de Alvaredos (concello de Quiroga, provincia de Lugo) e Roblido (concello da Rúa, provincia de Ourense).

A ida será con certa pendente, ao principio algo máis pronunciada pero nunca chega a ser difícil. Cambiaremos na nosa subida dunha provincia a outra. A parte final da ida é a entrada ao pobo de Roblido.

A volta polo tanto será costa abaixo gozando do val de Montefurado de volta a Alvaredos.

Foto: Núcleo rural de Roblido. Autor: Lois Rúa.