Festa da Madalena 2023

Chegou a nosa celebración máis importante do ano, a Festa da Madalena. Nun primeiro momento pensamos en facela a fin de semana do 22 e 23 de xullo, datas que serían as ideais tendo en conta que o día propio da Madalena é o 22. Mais sabendo que o domingo 23 son as eleccións xerais decidimos pasar o evento á finde do 29 e 30 de xullo.

Aquí publicamos o cartel coa programación, obra da nosa socia Laura Maquieira, e o cartel clásico para a convocatoria do Campionato de Bolos Celtas que este ano chega á súa XI Edición.

Como novidade, na Foliada do sábado 29 noite contaremos con 2 grupos de música tradicional: «O Ventosiño» de Monforte, e «Abertal» da Rúa. No caso do primeiro grupo, este chega grazas á colaboración da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través do seu programa TRADIGALU.

Compartide e acudide !!