ANGUIEIROS EN PERIGO?

ANGUIEIROS e a súa contorna están en perigo !!

Hai rumores fundados de que unha canteira de lousa vai comezar a súa actividade de forma inminente e que pode botar a perder o entorno natural dos Anguieiros e a zona de influencia do Túnel de Montefurado.  Especúlase que pode ocupar a parte da montaña que queda entre os poboados de Anguieiros, Vilanuide e Sesmil sendo a zona de influencia ata cerca de Larouco. O punto vermello da fotografía indica a «ubicación aproximada» dun dos filóns estudiados no seu día. Anos atrás, cando se estaba a estudiar a calidade e viabilidade da canteira, moitos eran os que dicían que non se faría nada pois a pizarra era de mala calidade, que a cousa quedaría en nada… E estes días descubrimos sorprendentemente que a concesión administrativa está xa librada e a explotación en marcha. Alguén tiña e/ou tivo máis información e non dixo nada? Non se lle deu publicidade ao tema en ningún momento para evitar intromisións e alarmismo social?

Entendemos que neste punto pouco se pode facer xa, pero dende a Asociación investigaremos e estudiaremos o mellor que poidamos este tema para intentar buscar calquera fundamento legal que permita paralizar o proxecto, ou cando menos para controlar o seu seguimento e que o impacto sexa o menos gravoso posible.

Xa se moveu o tema na internet a través de xente de Vilanuide e hai estas dúas ligazóns reivindicativas.

BLOG: http://salvemos-tunel-romano-montefurado.blogspot.com.es/

Páxina que recolle sinaturas para intentar evitar que se destrúa o noso patrimonio histórico e natural:  http://www.change.org/es/peticiones/xunta-de-galicia-impedir-explotaciones-pizarreras-en-el-entorno-de-montefurado

Gracias a tod@s por apoiar esta causa !!

Deja un comentario