Tempo de olivas

Nos Anguieiros temos un pasado importante no coidado das oliveiras e na elaboración do aceite. Só pensar que houbo dous muíños a pleno rendimento bastantes anos atrás xa nos dá sinais do importante que era para as economías familiares e da cantidade que se podía recoller cada ano.

A día de hoxe só se mantén en pé un muíño, aínda que non funciona como tal dende hai anos. Xa temos feito algunha reportaxe fotográfica e saíu o tema nalgún artigo.

Hoxe en día, moitos particulares están recuperando oliveiras autóctonas e incluso plantando novas coa intención de facer aceite para autoconsumo, pero tamén colle olivas nos Anguieiros o noso amigo Miguel, de Cento x Cento Figueiredo. E ben orgullosos estamos de que teña un aceite de tan alta calidade con aportación do froito de oliveiras que teñen raíces aquí.

Foto: Xosé Manuel Fdez.
Olivas dos Anguieiros
Un veciño vareando as olivas no Portaleiro. Foto: XMF
Vista de Casares e do Bibei dende ‘O Castrillón de Abaixo’. Foto: XMF

Deja un comentario